Blog

LUGO ACOLLERÁ EN NADAL A ÚNICA ACTUACIÓN EN GALIZA DE CANTAJUEGO

  |   Sin categoría

Lugo acollerá en Nadal a única actuación en Galiza do espectáculo ‘CantaJuego’, o musical que dende 2004 revoluciona o lecer infantil

A representación, que foi presentada esta mañá polo tenente alcalde, Antón Bao, e o responsable de Cultura da Deputación, Mario Outeiro, terá lugar o 4 de xaneiro no Pazo Provincial dos Deportes

É un proxecto pedagóxico-teatral para nenos e nenas de 0 a 6 anos e está considerado o fenómeno da década nos musicais infantís

As entradas, a partir de 10 euros, xa están á venda a través de NovaGalicia Banco

Lugo acollerá en Nadal a única actuación en Galiza do espectáculo infantil Cantajuego. O tenente alcalde e resposanble das áreas de Cultura, Turismo e Promoción da Lingua, o nacionalista Antón Bao, presentou esta mañá xunto ao responsable da Área de Cultura e Turismo da Deputación de Lugo, Mario Outeiro, e a Jorge López, representante de Esmerarte, a empresa promotora do espectáluco, o musical infantil ‘Nadal na Aldea Encantada’ de CantaJuego, que se representará en Lugo o día 4 de xaneiro de 2012 no Pazo Provincial dos Deportes. O tenente alcalde nacionalista destacou que se trata “dunha oportunidade extraordinaria para levar aos máis pequenos a gozar dun espectáculo de referencia no lecer infantil, xa que será a única actuación de CantaJuego en Galiza”.

Bao explicou que CantaJuego é un proxecto pedagóxico-musical en formato teatral e audiovisual, desenvolto por especialistas na estimulación psicomotriz e no traballo psicopedagóxico, que estimula a imaxinación e a fantasía con fin de potenciar o mundo afectivo e as relacións sociais entre os máis pequenos. O proxecto naceu no ano 2004, cando os directores de DiverMusic decidiron lanzar o primeiro volume de CantaJuego, que consistiu nun DVD e CD musicais cunha revisión do cancioneiro popular infantil español e iberoamericano. Pouco a pouco e mediante o boca-orella, foi coñecéndose nos centros educativos e nas gardarías e grazas ao éxito