Sinopse

En novembro de 2014, o cociñeiro do Grove Javier Olleros ten que pechar o seu prestixioso restaurante “Culler de Pau”, posuidor dunha estrela michelin.

Unha situación incontrolable levaba camiño de arruinar a súa vida e a da súa familia ata que Javier decide darlle a volta e convertila na realización do seu soño profesional

Nestes momentos de incerteza e ilusión somos testemuñas do seu proceso de busca, e descubrimos as súas raíces: a figura do pai e a diáspora; O Grove, península-illa; unha xuventude difícil; a loita contra a inxustiza; e a contínua procura do equilibrio.

Unha película sobre a superación da adversidade, a familia e a cociña como rendención.